Archivo del blog

domingo, 15 de marzo de 2020

CUARENTENA

Ola a todos

Xa sabedes que toca quedar na casa e traballar dende ela.

Na AULA VIRTUAL DO INSTITUTO tedes xa o material para traballar. Nela están os enlaces ás audicións pero dende este blog colgarei outros materiais xa que é moi probable que a páxina  colapse.

Recórdovos o que estabamos a traballar:

1º ESO: notas, figuras e compases e moita práctica que ágora temos que reducir.

3º ESO: o Clasicismo.
Se podedes os de 3º B rematade de ver AMADEUS.
Despois contestade ás preguntas da película. Se non sabedes algunha, sempre vos quedará Google.
Lede no libro de texto o tema do CLASICISMO MUSICAL e contestade ás preguntas da ficha.
As audicións están colgadas da Aula Virtual.

4º ESO: nesta avaliación estudamos o ROCK, así que teredes que facer unha presentación sobre un intérprete deste estilo que es os direi a cada un, incluindo biografía, estepas, discografía, curiosidades, anécdotas e vídeos.
Mandareivos ademáis algunha práctica.

1º BACH: que sorte tivéchedes! ESTUDADE A TEORÍA E AUDICIÓNS do rock! A sacar un 10!
Colgareivos algunha práctica para que fagades na casa.

Ánimo a todos!


sábado, 7 de marzo de 2020

O vindeiro 14 de marzo...

ANULADO

Oxalá podamos facelo noutro momento...

3 MARZO 2020

O alumnado de 4ºESO C e 1º BACH C asistiron no Auditorio de Galicia ao último Concerto didáctico da tempada.
Nesta ocasión, da man de Gallaecia Gallaeciños, escoitamos un repaso da historia do jazz: cantos de traballo, blues, Scott Joplin, Charlie Parker, Ragtime, Swing, Be Bop...

https://www.gallaeciaeventos.com/gallaecia-gallaecinos-historia-del-jazz/










lunes, 24 de febrero de 2020

AS PITAS BAIXO A CHOIVA

O 23 de Febreiro parte dos compoñentes de SON DO SOFIA participaron no espectáculo AS PITAS BAIXO A CHOIVA: unha obra teatral escrita por Pepablo Patinho inspirada en textos de Carvalho Calero.
Da man de Gazafelhos, con música en directo e o teatro Jofre cheo, o público disfrutou do resultado dun proxecto no que traballou moita xente de xeito desinteresado.
UN PRACER FORMAR PARTE DEL.









miércoles, 19 de febrero de 2020

Decembro 2019 SON DO SOFIA

O 17 de decembro do 2019 o coro SON DO SOFIA acudiu a Geriatros a compartir cos maiores un pouco de música e algunha panxoliña.







jueves, 13 de febrero de 2020

11 de FEBREIRO de 2020: 1º BACH CD

Nesta ocasión alumnxs de Educación Física e Música de 1º BACH C/D, acudiron ao Teatro Principal en Santiago, a disfrutar do espectáculo de teatro, danza e circo:  INVOLUCIÓN.
Nel, Alfredo Muíño, conta a historia da humanidade sobre o noso planeta, a súa violenta infancia no espazo, unha madurez viva e relativamente equilibrada e o seu provir incerto.




AS PITAS BAIXO A CHOIVA

http://aspitas.gal/ Para festejar o día das Letras Galegas deste ano, aínda que sexa en confinamento, o CORO SON DO SOFÍA, aconséllavos q...