Ola a todos
Xa sabedes que toca quedar na casa e traballar dende ela.
Na AULA VIRTUAL DO INSTITUTO tedes xa o material para traballar. Nela están os enlaces ás audicións pero dende este blog colgarei outros materiais xa que é moi probable que a páxina colapse.
Recórdovos o que estabamos a traballar:
1º ESO: notas, figuras e compases e moita práctica que ágora temos que reducir.
3º ESO: o Clasicismo.
Se podedes os de 3º B rematade de ver AMADEUS.
Despois contestade ás preguntas da película. Se non sabedes algunha, sempre vos quedará Google.
Lede no libro de texto o tema do CLASICISMO MUSICAL e contestade ás preguntas da ficha.
As audicións están colgadas da Aula Virtual.
4º ESO: nesta avaliación estudamos o ROCK, así que teredes que facer unha presentación sobre un intérprete deste estilo que es os direi a cada un, incluindo biografía, estepas, discografía, curiosidades, anécdotas e vídeos.
Mandareivos ademáis algunha práctica.
1º BACH: que sorte tivéchedes! ESTUDADE A TEORÍA E AUDICIÓNS do rock! A sacar un 10!
Colgareivos algunha práctica para que fagades na casa.
Ánimo a todos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario