O pasado 22 de febreiro, alumnos de 3ºESO A, 4ºESO A/B/C E 1º BACH E, acudiron ao Audirotio de Galicia de Santiago de Compostela, ao espectáculo “Pangea. A paisaxe sonora do noso planeta”, escrito polo poliinstrumentista natural de Sarria, Abraham Cupeiro e que busca unir os cinco continentes a través da música.
Abraham Cupeiro dedícase á recuperación de instrumentos perdidos no tempo, que logo emprega para crear novas sonoridades e imbricalos en músicas alleas a eles. Como instrumentista, destaca por ser unha das poucas persoas que toca o karnix, unha trompeta celta da Idade de Ferro. É ademais impulsor dun instrumento ancestral na tradición galega, a corna, que na segunda metade do século XX xa estaba extinguido.
A batuta da Real Filharmonía de Galicia levouna o mestre Rafael Agulló.
Os asistentes fixemos unha viaxe musical dende a austral Oceanía, cos ecos das súas caracolas; pasando polas misteriosas montañas chinesas a través do son do hulusi, un instrumento de vento das minorías étnicas chinesas, cuxa historia se remonta a uns 200 anos antes de Cristo; visitando as grandes chairas de Norteamérica; as selvas de Sudamérica; a frauta Peul de Senegal, típica do pobo Peul, que é o pobo nómada máis grande do mundo; a gaida ou gaita búlgara, empregada polos pobos babilonios, hebreos, fenicios, romanos e celtas; a desafiante zurna, un instrumento de vento moi extendido polos países musulmáns; ata as milenarias cornas de pastor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario